CASAL, BENXAMÍN (1995) A GALICIA CAMPESINA. VIGO: ED. GALAXIA. DE 18X12 CM. COM 181, [4] PÁGS. ILUST. E.
«A importancia da Galicia campesina no conxunto da realidade galega é unha evidencia que está na mente de todos nós. Durante máis de mil anos, a antiga Galicia romana non foi máis que un país agrario, ata tal punto que aínda hoxe hai unha tendencia xeneralizada a identificar Galicia, é dicir, o cerne da cultura que se foi desenvolvendo sobre o seu chan, co campo e o mundo rural. Mesmo nos nosos días, cando o peso da realidade urbana e o sector industrial acadaron xa unha dimensión considerable no conxunto da sociedade galega, Galicia segue sendo, no fondo, un país campesino.
Contrasta con este feito, a falta de traballos de conxunto sobre o campo galego. Con excepción que están na mente de cantos se preocupan por este tema, a verdade é que os estudios sobre a Galicia campesina pecaban dun esmigallamento e un particularismo sectorial que impedían unha auténtica visión de conxunto, que é a visión propia da cultura. Era esa unha carencia que afectaba a todo galego non especialista na problemática da Galicia agraria, pero consciente da importancia que esta ten e desexo de coñecela.»
N.º 22 da prestigiada coleção "Biblioteca Básica da Cultura Galega".
Encadernação editorial.
Este produto ficou sem stock. Avise-me quando estiver disponível.
Esse produto está atualmente indisponível..